Concerto Desconcerto - vie 25 de abril - Pazo da Cultura de Carballo - 21.00 h
Conseguir que a danza sexa algo atractivo para tódolos públicos e facer que esta arte sexa accesible, "non algo minoritario e exclusivo, senón que se achegue ao público en xeral", en verbas da Concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, é un dos principais obxectivos do programa Primavera EnDanza, que desenvolve a súa andaina entre o 23 de abril e o 3 de maio. Nesta a súa sétima edición, tres compañías galegas, unha madrileña e unha catalana centran un variado programa de espectáculos que conta con multitude de actividades paralelas -charlas, obradoiros ou encontros cos espectadores- destinadas a que o público desfrute da danza e aprenda a entendela mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario