lunes, 27 de junio de 2011

IV FESTIVAL EMPAPE. Taller de danza para bebés impartido por Arantza López



                                                      ISTO NON É O LAGO DOS CISNES
            Do 28 xuño ao 1 xullo de 2011 das 16.30 ás 18.00 h

 Lugar : NORMAL Espazo de Intervención Cultural, Universidade da Coruña, Campus de Riazor
Paseo de Ronda, 47, A Coruña
 
Esta actividade está dirixida a todo bebé, de entre 0 e 15 meses, e a un adulto que se ocupe do seu coidado: mamá, papá, coidador/a, educador/a, avó/a.

¿PARA QUE?

? Para compartir de forma lúdica con outras mamás e outros bebés a experiencia única e complexa da crianza.
? Para fortalecer o vínculo materno-filial.
? Para potenciar a plasticidade e a expresividade corporal que facilita e enriquece a comunicación.
? Para dotar de ferramentas de conciencia corporal: respiración, traballo dos sentidos, observación, movemento, ritmo...
? Para ofrecer recursos que faciliten o recoñecemento e a modificación postural.
? Para recoñecer e comprender o corpo do bebé e o seu estado desde a observación e a escoita consciente.
? Para potenciar o respecto das necesidades e do ritmo propio do bebé.
? Para achegar ferramentas para o autocoidado da mamá.
? Para atender as necesidades psicoemocionais básicas da mamá.

Inscrición no enderezo electrónico:

administracion@artestudioxestioncultural.com
indicando nome e apelidos, teléfono, enderezo electrónico e idade do bebé.

Prazas limitadas por rigorosa orde de inscrición.

Máis información en ARTESTUDIO 981 131 819

No hay comentarios:

Publicar un comentario